ACTIVIDADE DE SURF PARA OS MÁIS PEQUENOS!

Temos unha proposta que nos fai moitísima ilusión compartir con vós! 😊
A Deputación da Coruña, dende a área de Turismo, ofreceunos 10 prazas gratuítas para unha xornada de SURF especialmente pensada para os nenos e nenas de Un Paso Máis 👧👦.
📍 Onde? Praia de Razo
📅 Cando? O martes 20 de maio
🕡 Hora de comezo: ás 18:30 h
👶 Para quen? Nenos e nenas en idade escolar (desde infantil ata 6º de primaria)
👥 Requisito: Para participar é necesario ser socio/a da asociación e estar ao corrente do pago da cota anual.
🌊 A actividade será impartida pola escola de surf Paüa, cun equipo de profesionais que fará da xornada unha experiencia divertida, segura e inesquecible.
💧 As familias tamén podedes entrar na auga! Os pais e nais que queiran acompañar aos seus peques contarán con traxe de neopreno para desfrutar da experiencia con eles/as 🫶
🙋♀️🙋♂️ E se queres botar unha man como voluntaria ou voluntario, tamén podes! Só tes que cubrir o formulario e, ademais do traxe de neopreno, poderás gozar dunha sesión de surf ao rematar a actividade cos nenos/as 🤙🌞
As prazas son limitadas, así que inscribídevos canto antes no seguinte formulario 👉
Non quedes sen a túa onda! 🌊😉
Un Paso Máis