✨💙 Abrimos inscricións para as nosas extraescolares! 💙✨

03.09.2025

Se tes nen@s ata 14 anos, esta é unha oportunidade perfecta para que desfruten do lecer e do deporte nun espazo inclusivo e adaptado a todas as necesidades.

Contamos coas marabillosas profesionais de IG Centro de Especialidades, que xa formaron parte do noso Obradoiro de Verán e fixeron un traballo espectacular. Elas serán quen guíen a actividade con toda a súa experiencia, cariño e profesionalidade. 🙌

👉 O noso obxectivo é claro: que cada neno e nena saque o mellor de si grazas ao xogo, á amizade e ao deporte.
👉 Grupos reducidos (1 monitor por cada 5 nen@s, máximo 10 por grupo) para garantir atención personalizada.

📍 Lugar: Ximnasio do CEIP Xesús San Luis Romero - CARBALLO
📅 Martes e venres de 17:00 a 18:00 h
💶 Prezo por mes: 30 € (1 día/semana) ou 50 € (2 días/semana / dous irmáns)

💡 Non perdas a oportunidade de que os teus peques vivan unha experiencia única, onde aprenderán, compartirán e sobre todo, se divertirán!