CEIP Bergantiños & UPM
A asociación Un Paso Mais non detén a súa actividade e, tras o éxito das xornadas formativas para docentes e familias celebradas o pasado sábado no Forum, este luns e martes levamos a cabo unha serie de actividades de deporte adaptado no CEIP Bergantiños. As disciplinas presentadas, que incluíron baloncesto en cadeira de rodas, carreiras con dificultades de mobilidade, transmisión de ideas sen utilizar a linguaxe falada e o goalball, foron deseñadas para fomentar a diversión e o aprendizaxe sobre a inclusión e a sensibilización.
Un numeroso grupo de alumnos tivo a oportunidade de participar e gozar destes deportes, descubrindo a importancia da inclusión e a empatía a través da práctica deportiva. Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á dirección do colexio, ao seu equipo de docentes, e aos departamentos de orientación e convivencia, polo seu interese e participación activa nestas xornadas.
En Un Paso Mais, seguimos comprometidos coa creencia de que o deporte é unha ferramenta fundamental para construír un mundo mellor e máis inclusivo.
Con cada actividade, reafirmamos o noso compromiso coa educación e a sensibilización social, elementos clave para alcanzar unha sociedade onde todos teñamos as mesmas oportunidades de participar e gozar do deporte.