Coidar a quen coida: Novo Grupo de Pilates 🧘‍♀️

21.01.2026

Seguindo co noso compromiso de "coidar ao coidador", queremos continuar poñendo en marcha iniciativas que melloren o voso benestar físico e emocional. Por iso, temos o pracer de anunciar unha nova actividade pensada exclusivamente para vós: o noso propio Grupo de Pilates para soci@s.

Esta actividade realizarase no centro de fisioterapia AURA de Carballo (Rúa Baixa, 52) e será impartida por unha fisioterapeuta profesional, garantindo así que os exercicios sexan seguros e beneficiosos.

Detalles da actividade:

  • Cando: Todos os martes (comezamos en febreiro).

  • Onde: Clínica AURA, Carballo.

  • Prezo especial: Grazas a que a Asociación asume parte do custo, o prezo para os participantes será de só 10 € ao mes.

  • Vantaxe: ¡Cada sesión sae a menos de 2,5 €!

Inscrición e prazas:

Para garantir a calidade da actividade, o grupo será reducido. Polo de agora comezaremos cun único grupo, por tanto as prazas son moi limitadas. Recomendámosvos inscribirvos canto antes.

  • Como inscribirse: Non hai que pagar nada neste momento. Simplemente comunicade o voso interese a través do formulario.

  • Confirmación: Unha vez que confirmemos que tedes praza, avisarémosvos para realizar o ingreso, como é habitual, na conta da asociación.

Agardamos que esta iniciativa vos ilusione tanto coma a nós. É o momento de dedicarse un tempo a un mesmo!


* Como seguramente haxa que elaborar lista de agarda, pídese compromiso de asistencia. Polo tanto, rogamos que soamente se inscriba quen poida asistir de xeito continuado.