Conferencia do Dr. Ángel Carracedo
AFORO COMPLETO! NON SE ACEPTAN MÁIS INSCRICIONS
Carballo será o escenario dunha conferencia única impartida polo prestixioso Dr. Ángel Carracedo, un dos científicos galegos máis recoñecidos a nivel internacional.
Organizada pola asociación Un Paso Máis, a charla levará por título "Enfermidades raras e do neurodesenvolvemento". Durante a súa intervención, o Dr. Carracedo afondará nos últimos avances en investigación xenética, destacando o seu impacto no diagnóstico e tratamento destas enfermidades, así como os desafíos que a ciencia enfronta neste ámbito.
A conferencia está aberta ao público e diríxese tanto a profesionais da saúde e a educación como a calquera persoa interesada en coñecer máis sobre estas patoloxías e o seu impacto social.
A entrada será de balde, pero é imprescindible realizar unha inscrición previa para garantir a asistencia. As prazas son limitadas, polo que desde a organización recoméndase reservar canto antes a través de www.unpasomais.org
Esta é unha oportunidade única para escoitar de primeira man a un referente mundial no campo da investigación científica.
A conferencia será o día 23 de xaneiro ás 19 horas na Biblioteca Rego da Balsa, en Carballo.
INSCRICIÓNS PECHADAS