Disfrutamos co Xadrez na Laracha
Onte vivimos unha desas tardes que che enchen o peito de ledicia e che deixan un sorriso que dura días. ✨😊
Dende Un Paso Máis só podemos dar as grazas á ANPA Raiante por deixarnos aportar o noso pequeno gran de area e, sobre todo, por permitirnos acompañar a esta incrible rapazada do CEIP A Gándara Sofán na fase local do Xogade de Xadrez. ♟️🙌
Nós nas clases intentamos ensinarlles algunha que outra cousiña, pero a realidade é que onte foron eles os que nos deron unha lección maxistral a nós. 👨🏫🤯 Sen dúbida, coroáronse como os campións absolutos en diversión, entusiasmo e camaradería! 👑🤩🤝
Foi unha tarde espectacular na que demostraron que o xadrez non está reñido con non parar quietos nin un segundo. 🌪️⚡ Mentres dentro reinaba a concentración diante das 64 casillas, entre rolda e rolda as zapatillas saían botando fume cara ao campo de fútbol para soltar a tensión a base de carreiras e goles. 🧠👟⚽ E ollo, que no medio desa fermosa tolemia ata houbo quen atopou o momento perfecto para marcarse uns trucos co skate! 👀🛹
Vendo as súas caras de felicidade e como se apoiaban os uns aos outros, nós xa volviamos para a casa co premio gordo no peto. 🥰🏆
Pero, ai, agardade... que no medio de tanta carreira case se nos esquece un pequeno detalle! 😅🤫 De paso que estaban alí pasándoo en grande e gastando enerxía, tamén xogaron no taboleiro e, como quen non quere a cousa, trouxeron 3 medallas de prata nas tres categorías nas que participaron: sub 10, sub 12 e sub 14! 🥈🥈🥈
Que sorte e que luxo é poder compartir tardes así convosco. 🍀✨ Sodes enormes, rapazada, os nosos parabéns! 👏🥳

