Dous días máis de SURF en Razo!

09.06.2025

Só queda unha praza para o xoves!


🌊 Dúas novas xornadas de surf en Razo! 🏄‍♂️

Temos unha nova proposta que nos enche de ilusión! Os próximos xoves 19 e (o venres xa ten o cupo completo), a partir das 18:30 h, volveremos gozar do mar coa nosa actividade de surf na praia de Razo!

Estas xornadas serán, unha vez máis, da man de PAÜA SURF, que nos acompañará aportando non só aos seus fantásticos monitores, senón tamén todo o material necesario para a práctica do surf, coma sempre.

📌 Cada día haberá un total de 12 prazas dispoñibles. Os grupos organizaranse tendo en conta as distintas necesidades dos participantes e procurando sempre manter a integridade dos grupos familiares, especialmente cando se apunten varios irmáns.
En caso de dúbida ou de exceso de solicitudes, seguirase un rigoroso orde de inscrición.

📣 Como é habitual, os pais e nais que o desexen tamén poderán dispoñer de neoprenos para bañarse e, se poden, botar unha man cos máis pequenos. Toda axuda é sempre benvida e fai que as sesións sexan aínda máis divertidas e seguras para todos!

💸 O prezo por cada neno ou nena participante será de só 10€, xa que a asociación subvenciona o resto do custo da actividade.

E, por suposto, non podemos deixar de agradecer unha vez máis ao área de Turismo da Deputación da Coruña, que con grande xenerosidade pon á nosa disposición os medios necesarios para facer posible esta experiencia. Sen o seu apoio, esta actividade non sería posible.

Así que xa sabedes… preparade o bañador e a toalla e as ganas de pasalo ben!
Vémonos en Razo!

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase de que os datos persoais facilitados serán incorporados a un ficheiro responsabilidade da entidade organizadora, coa finalidade de xestionar a participación na actividade, así como para o envío de información relacionada con esta ou outras accións similares promovidas pola entidade.

Os datos non serán cedidos a terceiros agás por obrigación legal ou consentimento expreso da persoa interesada.

Pode exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición ou portabilidade dos seus datos, así como retirar o seu consentimento, mediante solicitude escrita dirixida á entidade organizadora, xunto cun documento acreditativo da súa identidade.