E seguimos co SURF para Tod@s!

🌊 Xa está aquí a nova Xornada Surfeira en Razo! 🏄♂️☀️
🌊 Ola, surferiñas e surferiños! Preparade o neopreno porque volvemos á carga cunha nova sesión de surf chea de enerxía e boas ondas! 😎🌞
📅 Anotade na axenda: o vindeiro venres 19 de xuño ás 16:30 h. Temos unha cita na praia de Razo, pero lembrade chegar un pouco antes para ir poñendo o equipo e estar listos para entrar na auga.
🏄♀️ Como sempre, contaremos con material incluído e monitores profesionais para que desfrutedes ao máximo. Só tedes que traer o bañador e moitas ganas de pasalo ben!
📝 Información importante sobre a inscrición:
Prazas: Haberá 12 prazas dispoñibles que se asignarán por rigoroso orde de inscrición.
Confirmación: Iremos confirmando individualmente se accedes á praza ou se quedas na lista de espera.
Prioridade: Quen quede fóra nesta convocatoria terá prioridade absoluta para a seguinte data.
Prezo: 25€ (inclúe todo o material necesario: tabla, neopreno, etc)
👨👩👧👦 Acompañamento: Todos os nenos e nenas terán que estar acompañados por un adulto, que se fará responsable do menor naqueles momentos nos que non estea a cargo directo do monitor.
Non vos despistedes, que as prazas voan! Vémonos nas ondas! 🌊🏄♂️

