Estreamos equipación!
23.06.2025

A Cervecería La Bombonera de Carballo vén de facer unha xenerosa doazón de estupendas sudadeiras e camisetas para os nenos e nenas que participarán no Obradoiro de Estimulación de Verán organizado por Un Paso Máis.
Grazas a esta colaboración, os pequenos e pequenas poderán gozar das actividades coas súas novas prendas, que seguro lles enchen de ilusión nesta iniciativa tan especial. Desde Un Paso Máis queremos agradecer enormemente o apoio e compromiso da Bombonera coas familias e coa infancia do noso concello.
