Feira Solidaria no colexio FOGAR de Carballo
18.06.2024
Este martes 18 de xuño dentro do proxecto Voz Natura, o alumnado do colexio Fogar de Carballo levou a cabo unha feira solidaria, en favor de Un Paso Máis, na que puxeron á venda aqueles materiais nos que estiveron traballando, e que tiveron como fío condutor o cine.