Homenaxe ás entidades de inclusión social por parte da CMAT
18.11.2026
Un dos momentos centrais do acto consistiu nunha homenaxe colectiva ás entidades de inclusión social, ás cales a CMAT quixo recoñecer polo «traballo que desenvolven» e pola súa «contribución á construción dun territorio máis inclusivo e accesible». Margot Lamela, rexedora ceense e vicepresidenta da entidade organizadora, foi a encargada de presentar este recoñecemento, outorgado a Afafes, Afaber, Apem, Aspadex, Aspafin, Un Paso Máis, Cruz Vermella, Paseniño, Vieiro e Íntegro.
Fonte e imaxes: La Voz de Galicia e Ana García

