II SESIÓN CINE INCLUSIVO E ADAPTADO

16.12.2024

Maxia e aventura para todxs na sesión de cine adaptado de Un Paso Máis

No marco da programacion onclusiva de Nadal que propón a Agrupación Un Paso máis, este pasado fin de semana, 70 valentes sumáronse a festa visual de gozar dunha sesión de cine adaptado. A película 'Vaiana 2' converteuse nunha ponte entre mundos e soños, unha auténtica aventura para todas estas crianzas que normalmente non poden acodir ao cine.

Foi esta a segunda Sesión de Cine Inclusivo e Adaptado que organiza a entidade, de novo nos Cines Bergantiños, as dúas con todas as entradas agotadas, o que dá conta da necesidade de armar esta oferta cultural para os nenos con diversidade.

Un cortometraxe previo lembrou todo o camiño percorrido este ano, e os nenos e nenas puideron verse reflectidos na gran pantalla, sentindo que son protagonistas da súa propia historia. Aínda que algunhas estreliñas cansáronse antes de tempo, o importante é que deron o primeiro paso.

"Seguiremos creando espazos onde todos e todas se sintan ben, onde a diversidade sexa unha festa e a inclusión, a norma", sinalan orgullosas dende a entidade.


FONTE: