III Xornada - A inclusión socioeducativa (TEA)
O Fórum Carballo acolleu este sábado a III Xornada Formativa "A Inclusión Socioeducativa", organizada pola agrupación Un Paso Máis, en colaboración con Aspaber, na que se profundou na intervención no Trastorno do Espectro Autista (TEA), cun enfoque práctico e multidisciplinar.
A xornada espertou un gran interese, coa asistencia de docentes e familias, cubrindo todas as prazas. O encontro serviu tamén para reivindicar por parte das familias e profesionais unha inclusión real e efectiva das persoas con autismo. A presidenta de Un Paso Máis, Banesa Martínez, así o deixou claro durante o acto inaugural, no que tamén agradeceu o traballo de todas as persoas que forman parte da entidade, que loitan por conseguir un futuro mellor para os seus fillos.
Fontes:

