🎄Lotería de Nadal 2025 🎄

18.09.2025

Xa está en marcha a tradicional venda de participacións da Lotería de Nadal da Agrupación para este 2025. Este ano xogamos co número 77411, e como sempre, facémolo coa ilusión compartida de que a sorte nos acompañe.

Cada participación ten un prezo de 5€, dos cales 0,80€ se destinan como doazón para apoiar as actividades da Agrupación. Grazas a esta pequena achega, colaboras directamente co noso labor.

📌 Se queres colaborar ou adquirir participacións, non tes máis que contactar con calquera membro da organización. Estaremos encantados de contar contigo!

Moita sorte a todas e todos os participantes, e que este Nadal veña cargado de boas novas e premios compartidos 🎁🍀