VII Xornada Surfeira 2025 en Razo!

14.07.2025

🌊 Xa está aquí a VII Xornada Surfeira 2025 en Razo! 🏄‍♂️☀️


🌊 Ola, surferiñas e surferiños! Preparade o neopreno porque chega unha nova sesión de surf cargada de bo ambiente e diversión á tope! 😎🌞

📅 Anotade na axenda: venres 18 de xullo ás 18:30 h, temos unha cita coa praia de Razo, que nos agarda coas mellores ondas para vivir unha tarde inesquecible.

🏄‍♀️ Grazas ao equipo de PAÜA SURF, contaremos con profesionais de primeira e todo o material incluído para que só vos teñades que preocupar de traer o bañador, unha boa dose de enerxía e moitas ganas de pasalo xenial!

👧👦 A actividade está pensada para todos: haberá 12 prazas dispoñibles, organizadas en grupos segundo as necesidades de cada quen, mantendo xuntos os irmáns para que todos se sintan a gusto e seguros na auga.

⚠️ As prazas son limitadas e sempre hai moita demanda, así que a inscrición seguirá estrictamente a orde de chegada. Non vos despistedes!

👨‍👩‍👧‍👦 E como sempre, os papás e mamás tamén son benvidos a poñerse o traxe de neopreno e acompañar aos máis pequenos. Canto máis compañeirismo e axuda, máis risas e mellor experiencia!

💰 Todo isto por un prezo simbólico de 10€ por participante, grazas ao apoio da nosa asociación, que cubre o resto do custo para que todos poidan desfrutar desta actividade tan especial.


*Como as prazas son limitadas e é probable que non haxa sitio para todo o mundo, as persoas que queden fóra nesta convocatoria terán prioridade na seguinte, que intentaremos organizar dentro de 15 días, cando a marea nos volva cadrar.

👉 A inscrición só se considerará válida se vai acompañada do xustificante de ingreso.



FORMULARIO DE INSCRICIÓN

  • Debe cubrirse un formulario por cada neno ou nena.
  • A reserva considerarase confirmada unha vez recibido o pago; nese momento enviarase unha mensaxe de confirmación. 
  • Só se aceptan pagamentos mediante transferencia bancaria á conta da asociación: ES90 0133 6235 5842 0000 2640.