O surf como ferramenta de inclusión e de emprendemento en Razo

22.05.2025

Poucos deportes teñen o impacto económico e social que ten o surf en Carballo. A campaña de verán comezou en Razo, con dúas vertentes moi marcadas, tanto en materia de inclusión como de emprendemento.

O surf adaptado: Un paso máis

Esta semana deu comezo á tempada de verán da Agrupación deportiva Un Paso Máis, e fíxoo cunha actividade que xa se ten convertido nunha das preferidas polos nenos e nenas da entidade: o surf adaptado. Xunto á escola Paüa Surf e co apoio das áreas de turismo da Deputación da Coruña e do Concello de Carballo, xa viviron a primeira xornada marabillosa na praia de Razo.

Crianzas a familiares, acompañadas do monitorado da escola, gozaron do mar ao máximo, permitíndolles vivir unha experiencia inesquecible. "A nosa intención é continuar con esta actividade durante todo o verán, mantendo a colaboración con Paüa, porque cremos firmemente no valor do deporte como ferramenta de inclusión e benestar", explican dende Un Paso Máis, que agradecen a colaboración do voluntariado.


FONTE: QUE PASA NA COSTA