Obradoiro de Xadrez para Pais, Nais e Educador@s
20.03.2026
Este obradoiro, froito da colaboración entre Un Paso Máis e a ANPA Raiante do CEIP Plurilingüe A Gándara-Sofán, convida ás persoas adultas a mergullarse no fascinante mundo do xadrez. A formación está deseñada para aprender a xogar desde cero e descubrir como converter este deporte universal nunha potente ferramenta lúdica e educativa, tanto no fogar como na escola.
A actividade será impartida por un instrutor titulado pola Federación Internacional (FIDE), quen guiará aos participantes desde as nocións básicas ata conceptos avanzados que permitan gozar do xogo en todo o seu esplendor.


