Obradoiros de Familia 2025 - 2026

02.10.2025

Espazos prácticos para aprender, compartir e medrar xuntos

Queridas familias,

Desde a Agrupación Un Paso Máis, temos a alegría de presentarvos o programa Obradoiros de Familia 2025 - 2026, unha proposta formativa pensada para abordar situacións reais do día a día, con ferramentas útiles, dinámicas participativas e espazos de reflexión compartida.

📌 Todos os obradoiros son 100% prácticos, orientados a casos e vivencias cotiás. Están dirixidos por profesionais altamente recoñecidos en cada ámbito, con ampla traxectoria e compromiso co benestar das familias.

🗓️ Celebraranse sempre o segundo sábado de cada mes, de outubro a xuño, en horario de 10:00 a 13:00, nas instalacións do Casino de Carballo, a quen agradecemos profundamente a súa colaboración e xenerosidade por cedernos este espazo.

📩 As inscricións realizaranse mes a mes, e ás persoas socias da agrupación iremos avisándovos periodicamente, para que non teñades que estar pendentes de cada convocatoria.

💶 O custo de inscrición é simbólico: 5€ por familia, que se deberán abonar no momento de formalizar cada inscrición. 👶 Para facilitar a conciliación, ofreceremos un servizo de canguraxe no espazo de ocio "O Recreo", cun custo de 10€ por neno/a, que inclúe unha pequena merenda. Os nenos e nenas estarán ben atendidos e poderán divertirse mentres vos formades.


💬 Agardamos contar convosco nesta proposta que pon no centro ás familias, a crianza e o coidado mutuo. Porque educar é tamén compartir, aprender e acompañarse.

Inscrición: Obradoiro 5€ x familia / Canguraxe 10€ por neno/a

TRANSFERENCIA O INGRESO NA CONTA

ENTIDADE: LA CAIXA IBAN: ES90 0133 6235 5842 0000 2640

*As familias que vos inscribades no servizo de canguraxe seredes contactadas posteriormente para concretar os detalles e coñecer as necesidades específicas de cada neno ou nena.