Pilates 26-27

14.09.2026

Estimadas socias e socios! 🌸✨

Volvemos co noso programa «Coidar a quen coida» e con iso recuperamos unha das actividades máis agardadas por todas e todos: PILATES! 🧘‍♂️🧘‍♀️

Este curso vén con varias novidades importantes:

  • 📍 Nova localización: Trasladámonos a Yauvana Yoga Studio (Rúa Vila de Negreira 6, Baixo – Carballo).

  • 🗓️ Cambio de día: Aínda que mantemos o horario de 21:00 a 22:00 h, a partir de agora as clases serán os xoves.

  • 👥 Máis prazas: Boas novas! Logramos ampliar a capacidade ata un máximo de 15 prazas se fose necesario.

  • Prezo actualizado: 20 € (exclusivo socios)

📅 Cando comezamos?

Daremos o inicio o primeiro xoves de outubro (1 de outubro). Aínda que quedan uns días, lembrade que as prazas voan ⏰💨, así que non vos despistedes coa reserva!

📌 Instrucións e información importante:

  • 🧘 Material: Cada persoa asistente deberá levar a súa propia esteiriña.

  • 💳 Pagamentos: Coa formalización da inscrición xa deixades aboado o mes de outubro. Para os meses sucesivos, enviarémosvos unha ligazón de pago unha semana antes de comezar cada mes para facilitarvos o trámite.

Para calquera dúbida ou consulta, coma sempre, podedes poñervos en contacto connosco a través das canles habituais 💬📲.

Agardámosvos! 🤗💪

Share