I Xornadas: A Inclusión Socioeducativa (TEA)
A Agrupación Deportiva UN PASO MAIS, en colaboración co Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, ten o pracer de anunciar que as primeiras Xornadas sobre inclusión socioeducativa no ámbito do Trastorno do Espectro Autista (TEA) que se celebraron o 25 de maio no Edificio Forum carballés foron un enorme éxito.
Asistiron docentes e familias de uns 20 Concellos diferentes de toda a provincia da Coruña ata completar o aforo do recinto.
Este evento, que se destacou pola súa lista de expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, tamén contó coa presenza de autoridades e personalidades notables. Entre eles, o alcalde de Carballo e outros membros do goberno e corporación municipal, o vicepresidente da Deputación da Coruña, o director da Alta Inspección educativa, así como membros de outras agrupacións e asociacións comprometidas coa inclusión, como membros da asociación Paseniño de Cee.
Estamos convencidos de que a calidade dos ponentes e o apoio das autoridades, xunto coa implicación dos e das docentes e o apoio imprescindible das familias, fixeron que estas Xornadas resultasen un punto de encontro enriquecedor e cumpriran con creces o obxectivo de promover unha maior comprensión e inclusión das persoas con TEA na sociedade.
Con todos estes ingredientes, non temos dúbida de que as nosas Xornadas seguirán sendo, no sucesivo, un éxito e un referente no campo da inclusión socioeducativa.