Rockin Carballo
23.06.2025
Este ano, o Rockin Carballo amosou a súa faceta máis solidaria colaborando con Un Paso Máis. A organización do festival cedeulle á nosa asociación a xestión da venda das camisetas oficiais do evento, permitindo así que os fondos recadados se destinen a apoiar os nenos, nenas e familias que forman parte de Un Paso Máis. Alí estivemos, a pé de escenario, traballando con ilusión para conseguir máis recursos que nos axuden a seguir medrando e ofrecendo oportunidades aos nosos pequenos e pequenas. Grazas ao Rockin Carballo por abrirnos esta porta e á xente que se achegou a colaborar!
