Seguimos surfeando! 

23.06.2025

Os días 19 e 20 de xuño vivimos dúas xornadas de surf que foron, simplemente, ESPECTACULARES! 🌊🏄‍♂️ Non podemos estar máis contentos co ben que o pasaron os nosos peques —e tamén os maiores 😉— gozando das ondas no mar de Razo.

O equipo de PAÜA Surf Club volveu contaxiar o seu ADN 100% surfero 🤙 e a verdade é que se notou. Non faltou a diversión, o compañeirismo e ese ambiente tan especial que só se vive entre táboas, area e mar.

Dúas tardes inesquecibles, cheas de risas, chapuzóns e moito, moito surf 🏄‍♀️. Tanto os nenos e nenas como os adultos desfrutamos das marabillas que nos ofrece a praia de Razo, e xa estamos desexando repetir!

Grazas a PAÜA polo seu traballo e cariño cos nosos pequenos, e tamén a todas as familias que se animaron a participar. Ata prontiño! 🌞🌊