TEAller Comunicadores Dixitais
Onte celebrouse o I TEAller organizado por Un Paso Máis, un obradoiro especialmente dirixido a comunicadores dixitais. Nesta ocasión, foi unha formación presencial e práctica que tivo lugar no edificio Fórum de Carballo. En total, asistiron 80 docentes de 28 centros educativos, algún deles mesmo de fóra da provincia, ademais das familias.
O obradoiro foi impartido pola doutora Isabel García e o enxeñeiro Gil Barrero. A primeira parte da formación centrouse en transmitir nocións básicas de comunicación, mentres que a segunda abordou aspectos prácticos sobre as características e o uso dos dispositivos. Tamén houbo un momento para repoñer forzas, grazas ao cátering que Un Paso Máis puxo a disposición dos participantes, que ademáis o puideron desfrutar acompañados da estupenda actuación do músico carballés Lou7Go.
De cara ao futuro, seguiremos nesta liña de formación dirixida ao sector docente e ás familias, que está a ter tan boa acollida e que consideramos tan necesaria e proveitosa para o benestar e o futuro dos nosos fillos e fillas.