Un Paso Máis na Carrera ENKI 2025

21.10.2025

Este pasado sábado, Un Paso Máis volveu participar con moita ilusión na Carrera ENKI da Coruña, unha cita que xa sentimos como parte da nosa casa. Como cada ano, as familias da entidade compartimos unha tarde chea de risas, movemento, disfraces e encontros que nos fan sentir parte dunha comunidade diversa, alegre e comprometida coa inclusión.


Este ano, ademais, a experiencia veu con premio! Grazas á nosa participación, Un Paso Máis foi agasallada cunha actividade de ocio moi especial: ¡a experiencia de voar en parapente! Un regalo que nos enche de emoción e que poderán gozar as familias que estiveron presentes na carreira.


Queremos agradecer á ENKI, ás persoas voluntarias e a todas as entidades participantes por facer posible este espazo tan necesario, onde o xogo e a diversidade camiñan da man. Para nós, é moito máis que unha carreira: é un encontro que nos recarga de enerxía e nos lembra que xuntas e xuntos podemos voar máis alto.