V Xornada Surfeira 2025 en Razo!

24.06.2025

🌊 Xa está aquí a V Xornada Surfeira 2025 en Razo! 🏄‍♂️☀️


Ola, surferiños e surferiñas! Traémosvos dúas novas xornadas de surf cheas de bo rollo e diversión! 😎🌴

Os días serán o xoves 3 e o venres 4 de xullo ás 18:30 h, e como sempre, a praia de Razo agárdanos coas mellores ondas para gozar todos xuntos do mar!

🤙 Da man dos cracks de PAÜA SURF, teremos monitores de primeira e todo o material necesario para surfear como auténticas estrelas. Só tedes que traer ganas de pasalo ben, bañador e moita enerxía!

📌 Cada día haberá 12 prazas dispoñibles, e os grupos faranse pensando nas necesidades de cada quen e mantendo xuntos os irmáns, para que todos se sintan cómodos e seguros.

⚠️ As prazas voan coma as ondas, así que se hai moita demanda, respectarase a orde de inscrición sen excepcións!

👨‍👩‍👧‍👦 E como sempre, os papás e mamás tamén poden poñer o neopreno e botar unha man cos máis pequenos na auga. Canta máis xente a desfrutar e axudar, mellor ambiente e máis diversión!

💸 A actividade ten un prezo moi especial: só 10€ por participante, porque a nosa asociación subvenciona o resto. Un planazo ao mellor prezo!

🙏 Non esquecemos dar as grazas ao área de Turismo da Deputación da Coruña, e tamén ás áreas de Turismo e Deportes do Concello de Carballo, que coa súa colaboración fan que estas sesións sexan posibles. Grazas por apoiar o surf, o deporte e os plans en familia na nosa costa!

Así que xa sabedes…


🏄‍♂️ Collede o bañador, a toalla e esas ganas tolas de surfear…


Vémonos en Razo, surferiñ@s!



FORMULARIO DE INSCRICIÓN

  • Só se pode escoller un día de participación.
  • Debe cubrirse un formulario por cada neno ou nena.
  • A reserva considerarase confirmada unha vez recibido o pago; nese momento enviarase unha mensaxe de confirmación. 
  • Só se aceptan pagamentos mediante transferencia bancaria á conta da asociación: ES90 0133 6235 5842 0000 2640.