🌴 VEN A PASAR UN DÍA EN FAMILIA Á ILLA DE ONS 2026
Un Paso Máis encargarase de balde do traslado en autobús desde Carballo ata o porto de Bueu, tanto á ida como á volta

🌟 Queridas familias e socios/as de Un Paso Máis,
Chegounos unha proposta espectacular que non queremos deixar pasar: 🌴 "Un día en familia na Illa de Ons", organizada por AGAFAN, o vindeiro sábado 11 de xullo de 2026.
Un plan marabilloso para desfrutar xuntos, maiores e pequenos, nun dos nosos contornos naturais máis protexidos e privilexiados 🌞👨👩👧👦. A Illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, é un auténtico paraíso de praias tranquilas, lendas e sendeiros con vistas de conto que miran ao océano.
A actividade desenvolverase nun ambiente seguro e relaxado, ideal para gozar do mar e da natureza con calma en familia 💚. Se conseguimos reunir un grupo mínimo de persoas, faremos a inscrición conxunta desde Un Paso Máis para facilitar todos os trámites e vivilo acompañados.
⚠️ ¡MOI IMPORTANTE! SEDE MOI ÁXILES EN DECIDIRVOS: Para esta actividade hai un número moi reducido de prazas dispoñibles (só 30 prazas en total). Ao ser tan pouquiñas, van voar moi rápido, polo que vos animamos a anotárvos canto antes se non queredes quedar sen a vosa.
📋 Resumo da proposta e programa do día:
🗓️ Data: Sábado 11 de xullo de 2026. 🛳️ Barco: Saída desde o porto de BUEU ou PORTONOVO ás 10:30 h (as familias reuniranse media hora antes do embarque no muelle co os guías que as acompañarán). saída de regreso desde Ons ás 19:30 h.
🚶♀️🌿 Pola mañá (Ruta guiada): Ruta pola illa cun guía especializado e totalmente adaptada ás familias en función das idades, sobre todo, dos nenos e nenas. 🥪 A mediodía (Xantar): Haberá tempo libre para a comida. Aconsellamos levar comida para facer un picnic estupendo. Quen o prefira, ten a opción de comer nalgún restaurante da illa reservando directamente por conta propia (ex. restaurante Casa Acuña tlf. 986433530) ou mercar algo nos postos. 🥳 Pola tarde (Animación): Haberá actividades dinamizadas, xogos na praia ou unha xincana por equipos. Tanto a ruta coma os xogos adaptaranse ás idades do grupo.
💶 Prezos por persoa (Inclúe viaxe en barco + ruta guiada + animación da tarde. Non inclúe comida nin bebida):
Prezo SOCIOS (de AGAFAN): Tarifa única de 14,00 € por persoa.
Prezo NO SOCIOS (de AGAFAN):
Adultos: 20,00 €
Nenos/as (de 3 a 12 anos): 13,00 €
Menores de 2 anos: GRATUITO 👶
⏳ DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: O día 15 de xuño, pero lembrade que ao haber só 30 prazas a inscrición pecharase en canto se completen.
👉 Se tedes claro que queredes participar nesta aventura, respondédenos o antes posible para que poidamos comezar coa xestión da inscrición grupal e asegurar o noso oco.
🌊 É unha oportunidade perfecta para conectar coa natureza, desconectar do ruído diario e crear lembranzas inesquecibles en familia ✨💙.
Agardamos as vosas respostas con moita ilusión 😄.
NON SE RESERVARÁ O BILLETE MENTRES NON SE RECIBA O PAGO OU SE ADXUNTE O COMPROBANTE DE TELO FEITO.
Unha forte aperta, O equipo de Un Paso Máis 🤗

