Voluntarios para o "Obradoiro de Estimulación"

💫 Buscamos voluntarios e voluntarias coma ti! 💫
É unha enorme ilusión para nós poder anunciarvos o noso Campamento de Verán - Obradoiro de Estimulación, organizado por Un Paso Máis 🌟. E para que sexa todo un éxito... necesitamos da túa axuda!
Se che gusta traballar con nenos e nenas, se tes gañas de aprender, compartir e vivir unha experiencia inesquecible, esta é a túa oportunidade! 🙌
💖 Contamos cun equipo profesional estupendo: terapeutas, monitoras e, por suposto, un grupo de voluntarios/as que sodes o corazón desta aventura. Grazas a vós, conseguimos que o ambiente sexa aínda máis cercano, divertido e adaptado ás necesidades dos pequenos.
Que buscamos?
👉 Persoas con ganas de colaborar.
👉 Boa enerxía e espírito positivo.
👉 Compromiso e respecto pola diversidade.
👉 Non fai falla experiencia previa, só vontade e ilusión!
Cando e onde?
📅 Durante xullo e agosto, en horario de 09:30 a 13:30 h.
📍 No CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo, un espazo cheo de vida: ximnasio, patios, zona de xogos… perfecto para pasalo en grande!
A túa axuda é fundamental para que todos os nenos e nenas, de 3 a 13 anos, desfruten dun verán diferente, inclusivo e cheo de momentos especiais.
Anímaste? Escríbenos sen compromiso, estaremos encantados de contar contigo! 💬✨
Xuntos e xuntas damos Un Paso Máis! 🚀
Pon os teus datos e escolle as datas nas que estás dispoñible! 📅✍️
(O calendario irá actualizándose cada semana, así que se queres modificar algo ou apuntarte a máis días, sempre estás a tempo! 😊)