Un Paso Máis pasa un día en familia nas Illas Cíes da man da Asociación Galega de Familias Numerosas
O pasado sábado 12 de xullo, as familias de Un Paso Máis, procedentes dos concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha e Ponteceso, viviron unha xornada intensa, divertida e chea de emocións nas Illas Cíes. Foi unha saída perfectamente organizada pola Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN), que lles permitiu gozar dun día extraordinario...






















