Noticias

A Agrupación Deportiva e Social Un Paso Máis volve demostrar o seu compromiso coa visibilización da diversidade e a inclusión real a través dunha intensa axenda de actividades para este mes de abril. A entidade, que traballa de xeito transversal na formación de familias e o deporte adaptado, presenta unha programación que combina a...

Hoxe escribimos estas liñas con moita emoción e o corazón cheo de gratitude. O deporte é moito máis que competición; para nós é unha ferramenta de transformación social, de superación e, sobre todo, de unión. Onte viviuse unha xornada inesquecible nos Premios do Deporte da Deputación da Coruña, onde o noso proxecto foi recoñecido nunha das...

A gala celebrada onte en Carballo non foi unha entrega de premios máis. Entre os aplausos e o recoñecemento institucional, a asociación Un Paso Máis sentiuse protagonista, non só polo galardón recibido, senón pola mensaxe de transformación social que proxecta en cada unha das súas accións. O que comezou como un soño colectivo é hoxe un...

Este pasado sábado, Un Paso Máis volveu participar con moita ilusión na Carrera ENKI da Coruña, unha cita que xa sentimos como parte da nosa casa. Como cada ano, as familias da entidade compartimos unha tarde chea de risas, movemento, disfraces e encontros que nos fan sentir parte dunha comunidade diversa, alegre e comprometida coa inclusión.

Aasociación Un Paso Máis de Carballo porá en marcha dende o próximo sábado o primeiro de nove obradoiros de familia pensados para acompañar, formar e apoiar no complexo camiño da crianza de nenos e nenas con diversidade funcional. Celebraranse o segundo sábado de cada mes, en horario de mañá, no Casino carballés. Serán distintos profesionais...

Xa está en marcha a tradicional venda de participacións da Lotería de Nadal da Agrupación para este 2025. Este ano xogamos co número 77411, e como sempre, facémolo coa ilusión compartida de que a sorte nos acompañe.

Este venres poñeranlle o broche de ouro a un verán único, cheo de aprendizaxes, diversión e amizade no Obradoiro de Verán de Un Paso Máis. Logo de dous meses intensos, educativos, deportivos, sociais e terapéuticos, chega o momento de despedirse, pero dende a entidade queren facelo dunha maneira moi especial: cunha xornada chea de animación e...

Este verán está a ser moi especial para a familia da Agrupación Deportiva Un paso máis. A entidade está desenvolvendo o seu primeiro campamento de verán nas instalacións do CEIP Xesús San Luis Romero, vivindo "unha experiencia que, sinceramente, nos emociona cada día". Este Obradoto de Estimulación de Verán, executado polo Centro de Especialidades...

Despois da marabillosa saída ás Illas Cíes, que nos regalou unha xornada inesquecible, poñémonos mans á obra para organizar o que será, moi probablemente, o último respiro familiar deste verán 🏖️.

Este ano, o Rockin Carballo amosou a súa faceta máis solidaria colaborando con Un Paso Máis. A organización do festival cedeulle á nosa asociación a xestión da venda das camisetas oficiais do evento, permitindo así que os fondos recadados se destinen a apoiar os nenos, nenas e familias que forman parte de Un Paso Máis. Alí estivemos, a pé...